FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Rolda de prensa de CCOO en Lantero

    • Xosé Manuel Sánchez polo S.N. e Ramiro Otero pola FSC transmitiron o apoio de CCOO, sen fisuras, ós traballadores e traballadoras en folga
    • CCOO fai un chamamento á dirección da empresa coa clara finalidade de abrir vías de negociación

    Diante da grave situación pola que están a pasar as traballadoras e traballadores de Lantero, as 11,30 horas da maña deste xoves 20 de novembro e diante das portas da empresa, cos traballadores e traballadoras en folga presentes, a través dos Secretarios Xerais do S.N. e da Federación de Servizos á Cidadanía, Xosé Manuel Sánchez Aguión e Ramiro Otero respectivamente, CCOO deu unha rolda de prensa para transmitir de xeito claro e contundente o seu apoio, sen fisuras, á loita exemplar que desde ai xa máis de 40 días están levando acabo, en defensa dos postos de traballo e a dignidade como traballadores.

    20/11/2014.
    Rolda de prensa CCOO en Lantero

    Rolda de prensa CCOO en Lantero

    Especial mención fixeron os dous responsables sindicais, á situación pola que esta pasando o presidente do Comité de Empresa, Jesús López, ameazado e represaliado pola dirección da empresa, cun despido a todas luces irregular, co que a empresa pretende amedrentar ó resto de compañeiros e compañeiros en folga.
    CCOO tentará con todos os medios o noso alcance, abrir canles e vías de comunicación cos responsables da empresa, co obxectivo de evitar despedimentos ou medidas traumáticas, abrindo un proceso de negociación, sen a presión do expediente de regulación de emprego; baixas voluntarias, xubilacións etc, demostrando de xeito claro que estamos dispostos a sentarnos para atopar unha solución satisfactoria para todos, sen cambios de cromos .
    Así esta tarde xa está prevista unha reunión con responsables da empresa, na que participaremos dúas delegacións mixtas de CCOO e UGT ambas con asesores dos dous sindicatos.