FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    A FSC abre o prazo de solicitude de formación a distancia nas Administracións públicas

      Do 12 ao 31 de xaneiro, a FSC-CCOO abre o período de inscrición para os 61 cursos de formación a distancia. Este ano 2015 oferta 17.800 prazas dirixidas a empregadas e empregados públicos da Administración xeral do Estado, Administracións locais e das comunidades autónomas.

      13/01/2015.
      Web fsc.ccoo.es

      Web fsc.ccoo.es

      Desde este luns, 12 de xaneiro, está aberto o prazo de inscrición para cubrir as 17.800 prazas en 61 cursos de formación a distancia que temos programado impartir durante 2015 ao persoal das tres administracións. O prazo finalizará o 31 de xaneiro.

      Formando parte do Plan de Formación da FSC-CCOO no marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (AFEDAP), no ano 2015 a Secretaría de Formación federal  ofrece 61 cursos con 17.800 prazas en dúas modalidades: por correspondencia e en liña.

      No primeiro caso, o alumnado recibirá no enderezo (particular ou do traballo) o material do curso: libros, guía didáctica, xustificante de participación e cuestionarios de avaliación. Nesta modalidade, o alumnado enviará os exercicios por correo postal.

      Na modalidade en liña, o alumnado recibirá os libros (na maioría dos cursos) e xustificante de participación cunhas claves de acceso á plataforma da UNED, a través da cal se fai o seguimento, a comunicación coa titoría e o envío dos cuestionarios de avaliación. Para participar nesta modalidade, é imprescindible que o alumno ou alumna teña conexión a internet.

      A Secretaría de Formación da FSC-CCOO conta coa valiosa colaboración e asesoramento de titorías vinculadas, entre outras, a departamentos ministeriais, corporacións locais, Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), Escola de Prácticas Xurídicas e Departamento de Dereito Administrativo (UNED), Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde de CCOO (ISTAS), Dirección Xeral de Tráfico (DGT), Axencia Estatal de Protección de Datos (AEPD).

      Importante: "As inscricións serán válidas sempre que se produza a convocatoria do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (AFEDAP) 2015 e o Plan de Formación da FSC-CCOO sexa aprobado pola Comisión Xeral, órgano de goberno do dito acordo".