FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO insta a Lantero a retomar as negociacións tras a resolución xudicial que ratifica a legalidade da folga

    • O sindicato pide a paralización dos despedimentos en marcha e a readmisión das persoas xa despedidas, incluído o presidente do comité de empresa, Jesús López

    A xustiza acaba de ratificar que a folga do persoal de Lantero é legal. A resolución xudicial supón un revés para a cartoneira arousá, que pretendía despedir os once integrantes do comité de folga se esta se declaraba «ilegal», situación que finalmente non se deu. Agora, Comisións Obreiras (CCOO) insta a Lantero a retomar as negociacións do expediente de regulación de emprego (ERE).

    21/01/2015.
    Conflito en Lantero

    Conflito en Lantero

    CCOO pide a paralización dos oito despedimentos previstos, así como a readmisión do case medio cento de persoas despedidas desde o inicio do conflito, incluído o propio presidente do comité de empresa, Jesús López. Tras meses de «tensión» e de prácticas «intimidatorias» por parte da empresa, como a xa mencionada ameaza de despedimento do comité de folga, CCOO considera que agora é o momento de retomar as negociacións. Porén, o sindicato cre «moi difícil» que estas se poidan desenvolver con normalidade mentres Lantero non readmita o presidente do comité de empresa. Para CCOO, estes máis de tres meses de folga indefinida demostran que o persoal de Lantero está «unido» contra as pretensións da empresa, que porfía nunha redución salarial do 30 % e no despedimento de boa parte do persoal. Intervención no pleno de hoxe CCOO ten coñecemento desta resolución xudicial hoxe, xusto na mesma xornada en que Jesús López volverá intervir na sesión plenaria para pedirlle ao alcalde de Vilagarcía de Arousa, Tomás Fole, unha actitude «contundente» en defensa do emprego na fábrica. Nas súas mans está a «ferramenta do conveino» para que Lantero «reconsidere a súa postura», apunta o sindicalista.