FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO convoca folga no sector de artes gráficas para o 20 e 21 de maio

    • Mércores 13 de maio, 11 horas, en Santiago, asemblea de delegados/delegadas e afiliación

    Os días 20 e 21 de maio está convocada folga no sector de gráficas, en defensa do convenio estatal, un ano despois de iniciado o proceso de discusión coa patronal, que teima en non aceptar ningunha das propostas que os sindicatos estamos levando á mesa de negociación.

    11/05/2015.
    Folga os días  20 e 21

    Folga os días 20 e 21

    Os empresarios non aceptan subas salariais que permitan recuperar o poder adquisitivo, o que bloquea calquera posibilidade de acercamento. Este aspecto foi tratado xa en asembleas de delegadas e delegados en Cataluña, Madrid ou Valencia, e está previsto abordalo noutros territorios como Castela e León, Cantabria, Navarra e provincias como Málaga e Alacante, ou en moitas empresas do sector.

    Esta semana terá lugar o acto de conciliación previo no SIMA, que precede á folga, como última oportunidade para que a patronal reflexione e acepte os incrementos salariais e o mantemento do convenio sen recortes.
     
    En Galicia está prevista unha asemblea de delegados, delegadas e afiliación das empresas en que é aplicable o "Convenio estatal de artes gráficas, editoriais, manipulados de papel e cartón e industrias auxiliares". Será o vindeiro mércores, día 13 de maio, ás 11:00 horas nos locais do Sindictao Nacional en Santiago de Compostela, 3.º andar.