FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Alcanzado un acordo previo no Convenio estatal de artes gráficas

    • O acordo desconvocaría a folga estatal prevista para os vindeiros 20 e 21 de maio

    Hoxe, 13 de maio, no acto de mediación habido no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA), anterior á convocatoria de folga, CCOO e UGT alcanzaron un acordo previo coa patronal (AFCO, Federación de Gremios de Editores de España e FIGRAF), que permitiría o asinamento do convenio tras a súa ratificación nas asembleas.

    13/05/2015.
    Sector Gráficas

    Sector Gráficas

    Nesta reunión conseguiuse que a patronal renuncie aos seus principais obxectivos, como a eliminación da antigüidade, a dispoñibilidade das vacacións e o aumento da flexibilidade, que ata o de agora estaban utilizando como chantaxe para o asinamento do convenio.

    O convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2016, incluíndo os acordos acadados na anterior Comisión de Actualización no novo texto e algún cambio na redacción do artigo 8.3.1.
    O incremento salarial pactado sería do 0,6 % desde o 1 de xuño de 2015 e dun 0,8 % para o 2016.

    Do mesmo xeito, constituiranse comisións de traballo sobre formación e igualdade, para tentar recoller no convenio a regulación sobre estes temas. Tamén se creará un observatorio sobre o absentismo.
    O asinamento deste acordo previo desconvoca as xornadas de folga no sector previstas para os días 20 e 21 de maio.