FSC-CCOO Galicia | 25 Maio 2025.

AGORA SI TOCA
  • Menú Documentos

    CCOO é o único sindicato que incrementa a súa representación na CRTVG e sitúase xa como segunda forza

    • Malia se elixiren dez delegados e delegadas menos, a candidatura de Comisións Obreiras subiu tanto en número de representantes como en número de votos

    Nas eleccións sindicais do ente público CRTVG, Comisións Obreiras foi a única organización que incrementou a súa representación no comité de empresa, fito que conseguiu tamén aumentando o número de votos recibidos. Isto produciuse, ademais, nun contexto en que se elixían dez delegados e delegadas menos que hai catro anos.

    05/06/2015.
    EESS na RTVG

    EESS na RTVG

    Nos anteriores comicios, CCOO fora a quinta forza en número de votos e a cuarta en representación, con tres delegados e delegadas, a bastante distancia da CUT e a CIG (sete), a USO (seis), a UGT (catro), ARG (tres) e SXG (un). Agora, Comisións conseguiu incrementar os votos máis dun 65 %, situándose no terceiro lugar, con 116 ?a só un voto do segundo máis votado? e no segundo lugar en número de representantes, con catro, empatando coa CIG e a USO, e moito máis preto da CUT, que se sitúa en seis e xa por riba da UGT (tres). Desaparecen do comité ARG e SXG, que non presentaron candidatura.