FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    A EGAP reduce as infraestruturas para a formación dos empregados e empregadas públicas

    • CCOO denuncia que a Xunta de Galicia non aposta pola formación dos empregados e empregadas públicas xa que a redución de espazos destinados a ese fin na EGAP súmase aos sucesivos recortes orzamentarios

    16/07/2015.

    Na última reunión do Consello Reitor da Escoa Galega de Administración Pública (EGAP), que tivo lugar o pasado 14 de xullo, a Administración confirma (tras reiteradas informacións e movementos respecto ás instalacións da EGAP) que se está a levar a cabo unha modificación dos espazos no antedito edificio; o obxectivo é converter toda a terceira planta en espazos administrativos non relacionados coa formación nin coa súa actividade (xustiza, deportes e Administración local).
    Esta modificación implica que se perda a terceira parte das aulas da Escola e, polo tanto, do aforo e a capacidade de impartir formación presencial. A única razón que esgrime a Administración é de eficiencia económica. Cómpre sinalar que, na actualidade, todas as instalacións están destinadas á función da Escola en relación coa formación das empregadas e empregados públicos de Galicia.
    Dende CC OO consideramos moi negativa esta alteración dos espazos lectivos da EGAP, pois a perda de medios e instalacións destinados a tal fin supón un paso máis na deterioración da formación dos empregados e empregadas públicas, que se suma ás continuas baixadas orzamentarias e modificacións lexislativas.
    A perda destas instalacións para a formación, pola súas características, será irreversible. Por iso, CC OO solicita á Xunta de Galicia que paralice o cambio de usos das infraestruturas da EGAP, xa que uns criterios de eficiencia económica pouco explicados non xustifican a perda dunha parte tan importante de medios para a formación no emprego público de Galicia.