FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO asina o 1.º Plan de Igualdade na empresa de artes gráficas Einsa Print

    • Einsa Print conta con máis de 250 traballadores e traballadoras, e está situada no concello das Pontes.
    • A negociación do Plan de Igualdade comezara hai un ano.

    O plan asinado está unicamente á espera da súa publicación. Terá unha vixencia de dous anos, prazo en que a comisión de seguimento traballará co fin de acadar os obxectivos marcados.

    05/10/2015.
    Einsa Print

    Einsa Print

    Os obxectivos principais que fixa o plan son os seguintes:
    Promover na empresa o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes, garantindo as mesmas oportunidades profesionais no emprego, selección, contratación, retribución, formación, desenvolvemento, promoción e condicións de traballo.
    Garantir na empresa a ausencia de discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo, especialmente a derivada da maternidade, paternidade, a asunción de obrigas familiares, o estado civil e as condicións de traballo.
    Eliminar toda manifestación de discriminación na promoción interna e selección, co obxecto de acadar na empresa unha representación equilibrada da muller.
    Prever o acoso laboral, sexual e o acoso por razón se sexo, implantando un código de conduta que protexa a todos os traballadores e traballadoras de calquera ofensa de natureza sexual.
    Promover, mediante accións de comunicación e formación, a igualdade de oportunidades en todos os niveis organizativos.
    Potenciar a conciliación da vida profesional, persoal e familiar de todo o cadro de persoal, con independencia da súa antigüidade na empresa.