FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Golpe xudicial ás vendedoras e vendedores da ONCE

    • O pasado 18 de novembro celebrouse o xuízo pola impugnación do convenio que CCOO propuxo contra a modificación do sistema retributivo do persoal vendedor.

    Un mes máis tarde, coñeciamos a decisión xudicial da propia Audiencia Nacional que, ante as dúbidas xeradas verbo da legalidade do acordo, decidía remitir o asunto, como cuestión prexudicial, ao Tribunal Superior de Xustiza Europeo. Esta decisión supoñía, sen dúbida, unha decepción para a ONCE e UTO-UGT, que vían como o acordo de febreiro corría un serio risco de ser declarado nulo.

    02/02/2016.
    ONCE

    ONCE

    Porén, e de xeito absolutamente inesperado, a Audiencia Nacional retomou o asunto; decidiu non o remitir ao Tribunal Europeo e ditou unha sentenza contraria ás pretensións de CCOO e, xa que logo, contrarias aos intereses das traballadoras e traballadores da ONCE. 

    Desde CCOO non deixaremos de loitar contra esta decisión que, como pouco, resulta sorprendente, pois parece que a Audiencia Nacional pasou das dúbidas á certeza absoluta en dous meses.  

    Esta sentenza non é firme, cabe recurso diante da Sala do Social do Tribunal Supremo. Os servizos xurídicos  de CCOO estudarana e analizarán a viabilidade para recorrela.  

    Resulta inexplicable que un sindicato como UGT poida defender unha posición absolutamente distinta á mantida no resto de empresas e, ademais, se felicite por unha decisión xudicial que supón afianzar un recorte salarial en toda regra, amais dunha tomadura de pelo aos milleiros de traballadores e traballadoras que de boa fe votaron as siglas que agora os defraudan.

    O golpe non é para CCOO, éo para todo o persoal da ONCE e doutras moitas empresas que agora ven en risco os seus salarios por unha actuación sindical tan nefasta como a levada a cabo polo sindicato maioritario da empresa.