FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    A FSC-Galicia de CCOO asina un convenio de colaboración coa academia ENTER

      Neste mes de abril, a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO en Galicia acaba de asinar un convenio de colaboración coa academia de ámbito galego ENTER, do que se poderán beneficiar todos os afiliados e afiliadas á federación que desexen preparar as probas de acceso ás prazas convocadas na oferta pública 2015 da Xunta de Galicia nas Consellerías de Medio Rural e Benestar.

      14/04/2016.
      Convenio de colaboración coa academia ENTER

      Convenio de colaboración coa academia ENTER

      O convenio inclúe tanto as clases preparatorias presenciais como as de teleformación, cun custo para afiliados e afiliadas sensiblemente inferior ao resto de solicitantes; poderanse organizar grupos por localidades, se existe demanda suficiente para poder montalos.

      Desde a FSC-Galicia esperamos prestar un servizo axeitado e de calidade a través deste convenio de colaboración a todos os afiliados e afiliadas que necesiten esta formación, e esperamos ir ampliando a oferta de materias en función da demanda, sempre nunhas condición beneficiosas para a nosa afiliación.

      Adxunto a esta información, atoparedes en PDF as condicións do convenio de colaboración íntegras.