FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    O incremento do paro no estado golpea especialmente as mulleres

      O paro volveu a subir no primeiro trimestre de 2016: a xa insoportable lista do paro incrementouse en 11.900 persoas máis ata chegar ás 4.791.400, cunha taxa do 21 %.

      02/05/2016.
      O paro golpea as mulleres

      O paro golpea as mulleres

      Xa son 1.611.000 as familias en que ninguén traballa, a pesar de buscar emprego de xeito activo.

      Dos 64.000 empregos destruídos, 49.000 estaban ocupados por mulleres e 16.000 por homes: a perda de emprego feminino triplica a do masculino.

      Son as mulleres as que soportan todo o aumento, pois mentres que o paro masculino baixou en 10.000 persoas, o número de mulleres sen traballo aumentou en 21.500.

      As características do desemprego no noso país agravan aínda máis a situación: en España, un 59 % de paradas e parados (2.763.600) son de longa duración.