FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO entende que en Médicos sen Fronteiras poden estarse a dar incumprimentos laborais

    • O vindeiro 7 de xuño haberá un xuízo por unha cláusula contractual que o sindicato coida «abusiva»

    Comisións Obreiras (CCOO) entende que na organización Médicos sen Fronteiras pódense estar dando incumprimentos laborais, especialmente no que atangue ao convenio colectivo e á prevención de riscos. A finais do pasado ano, afiliados e afiliadas do sindicato constituíron a sección sindical de CCOO para loitar contra esta situación.

    19/05/2016.
    MSF

    MSF

    ~~Desde CCOO explican que o persoal de MSF traballa nun sector ?o de captación de socios e socias? que está «altamente precarizado», cunha temporalidade e rotación «constantes».

    O sindicato critica, ademais, que os contratos inclúen unha cláusula de obxectivos que obriga o persoal a asociar un mínimo de persoas á semana para manter «con garantías» o emprego. Segundo CCOO, esa cláusula foi declarada «abusiva» en sectores como o da telemercadotecnia. Por este motivo, Comisións adheriuse a unha unha demanda de conflito colectivo contra esta cláusula e está previsto que o vindeiro 7 de xuño se celebre o correspondente xuízo.