FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Concentración contra a precariedade dos captadores e captadoras de socios

    • Luns 6 de xuño, ás 20 horas, diante do Museo do Marco en Vigo
    • Os traballadores e traballadoras das ONG mobilízanse en defensa dunhas condicións de traballo dignas

    O luns 6 de xuño, ás 20.00, no MARCO, os mozos e mozas que traballan para o sector da captación de socios e sociais, saen á rúa para defender os seus dereitos laborais.

    02/06/2016.
    Contra a precariedade laboral

    Contra a precariedade laboral

    Uns dereitos que nun gran número de ocasións son vulnerados polas diferentes ONG e organizacións humanitarias, que basean as súas politicas laborais na temporalidade, na precariedade e na rotación constante do cadro de persoal.

    Tamén están sometidos a cláusulas de produtividade polas que deben asociar un número determinado de persoas e cunha cantidade mínima estipulada. Isto non fai máis que someter o cadro de persoal a un estres e presión diarios que afectan, non só ao posto de traballo, senon tamén á propia saúde. Cláusulas, as de obxectivos, que entendemos abusivas e contra as que se están a organizar.

    Pertencen a un sector cunha grande presenza da xuventude, o cal potencia máis, se cabe, a precariedade. Existe na mocidade unha taxa do 60,4 % de temporalidade e o desemprego alcanza o 50 %.

    Por todo isto, desde CCOO convocamos no Marco, o día 6 de xuño, unha concentración en defensa dos dereitos laborais dos captadores e captadoras de socios e socias das ONG.