FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO e UGT convocan folga nas torres de control de varios aeroportos

      O Sector Aéreo e Servizos Turísticos de CCOO e o Sector Aéreo de UGT convocarán paros durante os meses de verán nas torres de control de Arrecife, Fuerteventura, La Palma, Alacante, Eivisa, Sevilla, Valencia, Xerez, Vigo, A Coruña, Sabadell e Cuatro Vientos, debido á ruptura na mesa negociadora do II Convenio Colectivo de Provedores Civís Privados de Tránsito Aéreo, ao non admitir SAERCO a inclusión da subrogación no convenio.

      06/06/2016.
      Folga nas torres de control

      Folga nas torres de control

      ~~O pasado 31 de maio celebrouse a última reunión da mesa negociadora do convenio na que SAERCO manifestou a non aceptación da cláusula de subrogación no II Convenio Colectivo de Provedores Civís Privados; non foi así por parte do outro 50 % da patronal FERRONATS, que si estaría disposta a incluír a dita cláusula de subrogación.

      CCOO e UGT consideran unha provocación inaceptable, non só que non se acepte a subrogación proposta pola parte social, senón que a proposta de cláusula de subrogación inicialmente remitida pola parte empresarial, a rebaixara SAERCO a unha subrogación que non recolle ningún dereito dos traballadores e traballadoras.

      O obxectivo de ambas as organizacións sindicais é acadar un acordo que potencie o sector privado de torres de control, garantindo a seguridade aérea e, ao tempo, os postos de traballo e condicións dos traballadores e traballadoras dos que aquela depende, co fin de evitar un modelo de negocio de baixo custo que, entendemos, non ten cabida neste sector, que é o que pretende SAERCO.

      A parte social manifesta a súa vontade de continuar coas negociacións para conseguir un acordo que evite unha folga que afectará ao sector turístico do noso país en plena temporada alta, co dano que isto suporía na economía.

      Desde CCOO e UGT facemos un chamamento á patronal para alcanzar un acordo que respecte os dereitos do persoal, incluídas as súas condicións económicas.