FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO esíxelles ás ONG unhas condicións de traballo dignas para o seu persoal

      Onte, mozos e mozas que traballan no sector da captación de socios/as para as ONG concentráronse en Vigo, diante do Marco, en defensa dunhas condicións laborais xustas e contra a gran precariedade que sofren día a día.

      07/06/2016.
      Concentración en Vigo

      Concentración en Vigo

      Na concentración, convocada por Comisións Obreiras, reclamaban a supresión das cláusulas de produtividade que lles están a aplicar e unha maior estabilidade no posto de traballo.

      Dáse a circunstancia de que a maioría de captadores e captadoras teñen contratos indefinidos que na práctica se converten en temporais, sufrindo unha gran rotación nos seus postos de traballo. Os e as manifestantes reclamábanlles ás diferentes ONG que cumpran os dereitos humanos co seu cadro de persoal, xa que entenden que o dereito ao traballo digno tamén é un dereito humano, amais de laboral. Doutra parte, denunciaron a actuación da actual delegada sindical de Médicos Sen Fronteiras en Vigo pola súa participación en despedimentos dos compañeiros, como representante da ONG.

      Ao enorme traballo que fan estas ONG no terreo, debe sumarse unha política laboral moito máis acorde cos tempos e a unhas condicións dignas, reclamaban na manifestación.