FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO gaña as eleccións sindicais nas oficinas de ENCE Pontevedra

    • No grupo de empresas ENCE, CCOO acada así maioría absoluta cun total de doce representantes

    Este pasado martes tiveron lugar eleccións sindicais parciais nas oficinas de Ence en Pontevedra, como consecuencia da ampliación do cadro de persoal, pasando o comité de empresa de 5 a 9 membros. Xa no anterior proceso electoral CCOO acadara a maioría con catro delegados fronte a un da UGT. Agora correspondía elixir catro novos membros do comité; CCOO conseguiu tres e a UGT un, polo que a composición definitiva deste comité de empresa queda con sete membros para CCOO e dous para UGT.

    08/06/2016.
    Eleccións sindicais en ENCE

    Eleccións sindicais en ENCE

    ~~No proceso de onte, dun censo de 111 traballadores e traballadoras votaron 90 (81 %): 61 a CCOO, 27 a UGT e 2 votos en branco, o que supón unha participación moi alta, xa que neste centro de traballo se encadra o persoal das oficinas e os forestais.

    Deste xeito, e tras as recentes eleccións parciais no comité de Ence da fábrica de Pontevedra, no que se pasou de nove a trece membros, remata o proceso electoral en Ence-Pontevedra. Elixíronse un total de 23 delegados e delegadas pertencentes á fábrica, ás oficinas e a NORFOR.

    Cos resultados de onte, CCOO acada a maioría absoluta no Grupo Ence en Pontevedra con doce delegados/as (52 %), a UGT logra oito delegados/as e a CIG, tres.