FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO acada un acordo para o asinamento do II Convenio Colectivo de Torres de Control

    • O acordo recolle a subrogación, coa finalidade de dotar de estabilidade este sector.

    Realizado o procedemento de mediación no SIMA, promovido por CCOO, acadouse un acordo para o asinamento do II Convenio Colectivo dos Provedores Civís Privados de Tránsito Aéreo. O acordo recolle como principais puntos os seguintes:

    09/06/2016.
    II Convenio Colectivo de Torres de Control

    II Convenio Colectivo de Torres de Control

    - Vixencia do convenio desde o 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de decembro de 2017.

    - Incluirá  un recoñecemento respecto á incorporación do controlador de tránsito aéreo á súa categoría profesional; o cómputo do seu tempo de exercicio de atribucións será desde a data en que se lle expediu a primeira licenza pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

    - Créase un novo plus de xefe de instrución, que terá un importe de 2000 euros anuais.

    - Novo plus de responsable de seguridade operacional, que terá un importe anual de 2000 euros.

    - As empresas afectadas por este convenio quedarán obrigadas a lles aboar aos traballadores e traballadoras os gastos derivados dos certificados médicos e da formación en idiomas necesarios para o desenvolvemento das súas funcións.

    - Establécese que a extinción da relación laboral por vontade do controlador/a deberá ser avisada previamente á empresa cunha antelación mínima de cinco meses.

    - Co fin de dotar o sector de estabilidade no emprego, incorpórase un novo artigo de "subrogación".

    - Páctanse os seguintes incrementos salariais:
    2015: 1 %
    2016: 0,5 %
    2017: 0,5 %
    As cantidades recollidas para o ano 2017 serán revisadas, no caso de ser superior a variación porcentual que, para ese ano, experimenten os contratos subscritos polos provedores civís e o xestor aeroportuario en concepto de revisión de prezos.

    - Finalizada a vixencia do convenio colectivo, será ata o asinamento dun novo convenio que o substitúa.

    - As partes emprázanse para asinar na sede do SIMA o texto do II Convenio Colectivo o vindeiro 10 de xuño de 2016.
     
    Desde CCOO valoramos o acordo acadado, que lle dá ao sector unha garantía de seguridade no  emprego e aos traballadores e traballadoras unha estabilidade laboral nos próximos anos.