FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    A Sección Sindical de CCOO en Médicos Sen Fronteiras edita un boletín informativo

    • A Sección Sindical ponse á disposición de cantos compañeiros e compañeiras precisen asesoramento ou axuda nos seus problemas laborais
    • Podes contactar coa sección sindical a través do correo msf.galicia.ccoo@gmail.com

    As compañeiras e compañeiros de CCOO nesta ONG, que constituíron a Sección Sindical hai escasos meses, fan balance das actividades realizadas ata agora ao tempo que denuncian problemas concretos que atinxen a persoas do seu ámbito de traballo, ofrecendo o seu asesoramento e axuda a quen poida necesitala.

    21/06/2016.
    Boletín Sc. Sind. Médicos Sen Fronteriras

    Boletín Sc. Sind. Médicos Sen Fronteriras

    ~~En concreto, neste primeiro Boletín trátanse catro temas: a convocatoria o pasado 6 de xuño na rúa do Príncipe da primeira mobilización da Sección Sindical para denunciar as prácticas laborais abusivas e os problemas que sofren os traballadores e traballadoras de Médicos Sen Fronteiras; un segundo artigo que denuncia as prácticas antisindicais da actual delegada de persoal; un terceiro que informa sobre o estado do conflito colectivo interposto contra as cláusulas laborais abusivas no convenio, e, por último, outro en que se denuncian as malas prácticas da empresa contra unha afiliada á que se lle nega parte do salario por estar de baixa por enfermidade.

    É intención da Sección Sindical editar periodicamente este boletín e distribuílo entre as traballadoras e traballadores das ONG en xeral e de Médicos Sen Fronteiras en particular.