FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Mozas e mozos de CCOO de todo o estado reuníronse en Madrid para "repensar o Sindicato"

      Este pasado luns, 20 de xuño, mozos e mozas de CCOO chegados de todo o estado, tamén de Galicia , e todos os sectores produtivos do ámbito da Federación de Servizos á Cidadanía, reuníronse en asemblea para debater e tirar conclusións sobre o documento "Repensar o Sindicato".

      22/06/2016.
      Repensar o Sindicato

      Repensar o Sindicato

      ~~Da man do secretario xeral federal Javier Jiménez, a secretaria de Afiliación e Eleccións sindicais Camino Aure, o secretario de Comunicación Pepe Fernández e a secretaria de Formación Juana Olmedo, debateuse amplamente o documento e emitíronse múltiples valoracións desde os grupos configurados para o efecto.

      A mañá estivo dedicada ás intervencións das secretarías presentes, que debullaron o documento e explicaron a importancia que, para o futuro do sindicato, ten o seu debate, valoracións e achegas. Pola tarde, os grupos de debate constituídos presentaron as conclusións parciais para unha posterior posta en común.

      Para rematar, as secretarías federais de Formación e Comunicación recolleron as distintas achegas en forma de conclusións, para realizar un informe que será trasladado ao Comité Federal os vindeiros días 5 e 6 de xullo