FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Os datos de paro do mes de agosto non só son pésimos, son peores para as mulleres

      Evidéncianse as tendencias analizadas e denunciadas por CCOO mes a mes: a recuperación económica non chega ao emprego. Malia ás anunciadas boas temporadas turísticas e á temporalidade conseguinte, esténdese a precariedade laboral e empeora a protección social ás persoas desempregadas. Como puxo de relevo CCOO, os datos do paro do mes de agosto non son malos, son pésimos.

      14/09/2016. Eva Antón, equipo Secretaría Confederal Mujer e Igualdad de CCOO
      Sobre datos paro agosto

      Sobre datos paro agosto

      ~~O pasado 2 de setembro, o Ministerio de Emprego daba a coñecer os datos de paro de agosto: 3.697.496 persoas acababan o mes rexistradas como desempregadas; delas, o 56,1 % son mulleres, porcentaxe que sobe ao 56,7 % en maiores de 25 anos. Se analizamos os datos do colectivo de persoas desempregadas sen emprego anterior, o 67 % son mulleres. Esas porcentaxes empeoran nalgúns tramos de idade: no de 25-29 anos, as mulleres son o 62 %; no de 30-44 anos, son o 76,9 % y no de máis de 44 anos, chegan ao 84,5 %. A xeografía do paro segue feminizada: en todas as provincias, en todas as comunidades autónomas, as mulleres superan os homes como demandantes de emprego nas oficinas do SEPE. CCOO denuncia que continúan presentes mecanismos de discriminación no acceso ao emprego que deben ser vixiados, detectados e corrixidos decontado polas autoridades laborais, e urxe a poñer en marcha un plan de emprego con medidas para as desempregadas de longa duración.

      Coñécense os datos de paro rexistrado de agosto publicados polo Ministerio de Emprego, mes que finaliza con 3.687.496 persoas rexistradas como desempregadas. O desemprego masculino sitúase en 1.624.313 ao subir en 7.592 (0,47 %) e o feminino en 2.073.183, ao se incrementar en 6.843 (0,33 %) en relación co mes de xullo. Se o comparamos con agosto de 2015, o paro masculino baixa en 220.955 (-11,97 %) persoas e o feminino redúcese en 149.504 (-6,73 %).

      Evidéncianse as tendencias analizadas e denunciadas por CCOO mes a mes: a recuperación económica non chega ao emprego. Malia ás anunciadas boas temporadas turísticas e á temporalidade conseguinte, esténdese a precariedade laboral e empeora a protección social ás persoas desempregadas. Como puxo de relevo CCOO, os datos do paro do mes de agosto non son malos, son pésimos.

      No Informe sobre os datos de paro e afiliación á seguridade social de agosto realizado polo Gabinete Confederal de CCOO lémbrase que o número de persoas desempregadas aumenta en 14.435 e, o que é aínda peor, o emprego redúcese en 144.997 persoas, perda de afiliación que multiplica por dez veces o aumento de persoas inscritas no SEPE. Isto permite deducir o abandono da busca activa de emprego e a falta de interese en inscribirse de moitas persoas. Doutra forma, o paro sumaría 130.000 persoas máis no pasado mes. Sinala o informe que «no último día do mes, o 31 de agosto, deuse de baixa a 282.298 persoas na seguridade social», e engade: «os datos de agosto demostran a enorme precariedade laboral do noso mercado de traballo: só o 4,3 % dos contratos asinados é de carácter indefinido a tempo completo, o que significa que máis de 95 de cada 100 contratos asinados son precarios, ben por seren temporais ben por seren contratos por horas».

      Se os datos xerais de desemprego non son malos, senón pésimos, os das mulleres por separado son aínda peores. O 56,1 % das persoas paradas son mulleres, porcentaxe que sobe ao 56,7 % en maiores de 25 anos. Se analizamos os datos do colectivo de persoas desempregadas sen emprego anterior, o 67 % son mulleres. Esas porcentaxes empeoran nalgúns tramos de idade: no de 25-29 anos, as mulleres son o 62 %; no de 30-44 anos, son o 76,9 % e no de máis de 44 anos, chegan ao 84,5 %. En todas as provincias, en todas as comunidades autónomas, as mulleres superan os homes como demandantes de emprego nas oficinas dos servizos públicos de emprego.

      Ana Herranz, secretaria confederal de Muller e Igualdade de CCOO, sinala que as prioridades de CCOO son combater as barreiras no acceso ao emprego, a precariedade laboral e a brecha salarial. En palabras de Ana Herranz, «CCOO insta as autoridades laborais a vixiaren activamente os procesos de contratación para previr calquera tentativa de discriminación ás mulleres. Ademais, deben poñerse en marcha con carácter de urxencia políticas activas de emprego para mulleres desempregadas de longa duración ou que nunca accederon a un emprego, con itinerarios personalizados en orientación, formación e recualificación profesional. Debe mellorarse a regulación da contratación a tempo parcial, con medidas efectivas que impidan que ese tipo de emprego se destine maioritariamente ás mulleres, e garantir un trato equivalente en materia salarial e de protección social».