FSC-CCOO Galicia | 27 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    A FSC-CCOO critica a destrución de 1200 empregos na Administración Xeral do Estado en Galicia

    • O sindicato presentou hoxe a campaña «TEMOS DEREITOS», na que recolle as principais reivindicacións para este colectivo

    20-9-2016.- O secretario xeral do Sector da Administración xeral do Estado da FSC-CCOO, xunta o secretario xeral da FSC de Galicia e a Coordinadora do Sector da Administración xeral do Estado nese territorio, presentáronlles hoxe en Santiago de Compostela aos seus delegados e delegadas en Galicia a campaña «TEMOS DEREITOS». Baixo este lema recóllense as principais reivindicacións do Sindicato para o persoal da Administración xeral do Estado no próximo período.

    21/09/2016.
    Reunión de delegados e delegadas SAE-Galicia

    Reunión de delegados e delegadas SAE-Galicia

    ~CCOO sitúa como elemento central destas reivindicacións a defensa do emprego público e, xunta elas, a reactivación da negociación colectiva, a recuperación dos dereitos roubados que aínda están por restituír -5 % de recorte salarial, o 100 % das retribucións en situación de incapacidade temporal ou os fondos de acción social e formación?, así como novas melloras nas condicións de traballo: o dereito a un salario xusto, á carreira profesional ou o acceso á xubilación parcial, entre outras.

    Estas reivindicacións son comúns ao conxunto do persoal da Administración xeral do Estado ?con independencia da súa relación laboral ou funcionarial? e han ter cabida na negación do IV Convenio Único da Administración xeral do Estado ?e o resto de convenios colectivos deste ámbito? así como no desenvolvemento do Estatuto Básico do Empregado Público, mediante a Lei de función pública da Administración xeral do Estado que reivindica o Sindicato.

    Como parte desta campaña tamén presentaron o documento «Cartografía de los recortes en la Administración General del Estado», que analiza a situación do emprego público nesta Administración e denuncia a destrución de 30 000 postos de traballo ?1200 deles en Galicia, máis do 10 % do emprego perdido neste ámbito? nos últimos cinco anos.

    O informe, que recompila datos do Boletín Estatístico do Rexistro Central de Persoal, das Leis de presupostos xerais do Estado, das resolucións do Tribunal de Contas así como doutra documentación oficial, estuda as consecuencias das políticas de austeridade sobre os servizos públicos que presta á cidadanía a Administración xeral do Estado.

    A destrución de emprego nesta Administración, as necesidades de persoal, unha xestión de persoal que potencia a discrecionalidade fronte ao mérito e a capacidade, a opción por privatizar servizos públicos, aínda que se recoñeza que é máis caro que a realización do mesmo traballo por empregadas e empregados públicos, ou a evolución e destino da oferta de emprego público, son algúns dos elementos que se analizan neste documento.

    Do estudo despréndese non só o forte impacto negativo que os recortes orzamentarios tiveron sobre a calidade dos servizos aos que a cidadanía ten dereito ou sobre as condicións de traballo das empregadas e empregados públicos desta Administración. Tamén se reflicte a decidida aposta ?un dos obxectivos das políticas de austeridade? por un novo modelo de Administración do Estado, moi reducida no volume de persoal (o imprescindible para funcións de control) sustentada no «fágao vostede mesmo» e as privatizacións para converter en negocio os servizos públicos.