FSC-CCOO Galicia | 16 Xullo 2025.

  • Menú Documentos

    Folga de 24 horas en EXTEL-Coruña este martes 18 de outubro

    • Os traballadores e traballadoras fan un chamamento á cidadanía da Coruña para formar unha cadea humana, a partir das 12 da mañá, rodeando a Torre de Hércules

    EXTEL-Coruña, como centro de chamadas e de atención ao cliente, que presta servizo en exclusiva para a multinacional Telefónica-Movistar, acaba de presentar un ERE que afecta a 205 postos de traballo dos 900 con que conta na cidade.

    17/10/2016.
    ERE en EXTEL

    ERE en EXTEL

    ~~Con esta medida, absolutamente inxustificada, non só se perden uns centos máis de empregos; a medida tamén supón unha importante deslocalización de servizos de atención ao cliente por parte de Telefónica-Movistar, multinacional para quen traballa en exclusiva EXTEL. Os postos de traballo e o servizo, unha vez máis, serán trasladados a outros países, principalmente de América do Sur.

    Desde CCOO queremos deixarlle claro a EXTEL que non permaneceremos impasibles diante deste tipo de actuacións contra os traballadores e traballadoras, cando só buscan mellorar as súas contas de resultados.

    Desde CCOO e a Sección Sindical do Sindicato facemos un chamamento á cidadanía da Coruña para que mañá martes, 18 de outubro, a partir das 12 horas do mediodía, se sume á protesta do persoal, formando unha cadea humana arredor da Torre de Hércules.