FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO reproba as «represalias» en Médicos sen Fronteiras pola denuncia de posibles incumprimentos laborais

    • Comisións lamenta que a ONG estea a despedir representantes sindicais para «silenciar» as críticas

    Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que Médicos sen Fronteiras (MSF) está a cometer despedimentos «disciplinarios» de representantes sindicais para «silenciar» as críticas por posibles incumprimentos laborais. Polo de agora foi expedientada unha persoa vinculada a CCOO e despedidas seis máis que están vinculadas a outras organizacións.

    18/10/2016.
    MSF

    MSF

    ~Segundo CCOO, a «represión» comezou o pasado mes de marzo, cando esta organización promoveu a convocatoria de eleccións sindicais en MSF, pero «intensificouse» cando o sindicato se sumou á denuncia de cláusulas «abusivas» nos contratos dos captadores e captadoras de novas persoas asociadas. A dita cláusula obriga o persoal a asociar un mínimo de persoas á semana e foi xa declarada «abusiva» en sectores como o da telemercadotecnia.

    Despedimentos

    No verán, a empresa despediu «disciplinariamente» un traballador da Coruña, hai dúas semanas iniciou expediente disciplinario contra o representante de CCOO na sección sindical de MSF en Vigo e a pasada semana despediu por causas «disciplinarias» outros cinco traballadores e traballadoras de Santiago de Compostela.

    Comisións esixe a fin dos expedientes sancionadores e a readmisión de todas as persoas despedidas e avanza que «non imos tolerar represalias contra o labor sindical». Ao tempo, CCOO tomará «cantas medidas sexan necesarias» para que MSF rectifique e se normalice a situación.