FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    II Cinefórum "CINE EN PRESENTE", organizado pola FSC-Galicia de CCOO

    • A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO en Galicia, en colaboración co ERLAC, organiza a segunda edición do CINEFÓRUM: CINE EN PRESENTE. Conflitos sociolaborais reflectidos no audiovisual
    • Na Coruña, o vindeiro 27 de outubro ás 19:00 horas, na Escola Universitaria de Relacións Laborais e Recursos Humanos, sita na rúa Leopoldo Alas Clarín n.º 2
    • Apúntate!

    Queremos facer unha viaxe audiovisual con paradas nos despedimentos, na sobreformación, na importancia da negociación colectiva? Visionaranse e analizaranse diferentes secuencias do cine contemporáneo, e propiciarase un debate posterior con especialistas do eido, no que o público será o protagonista e tomará a palabra.

    19/10/2016.
    II Cineforum "CINE EN PRESENTE"

    II Cineforum "CINE EN PRESENTE"


    ~~Os relatores e relatoras serán:
     Iván Vizcaíno Ramos, profesor de Dereito sindical en ERLAC.
     Libertad Camino Alcocer Onrubia, secretaria de Xuventude da FSC de CCOO.
     Olalla Caballeda Feijó, secretaria de Xuventude da FSC de CCOO de Galicia.

    Din que a realidade supera a ficción? ti que pensas?
    Apúntate!

    A entrada é libre e de balde até completar a capacidade da sala.

    Dende a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia propoñemos unha aproximación a esta temática a través da linguaxe do cine.

    A actualidade sociolaboral vén marcada por uns índices de paro alarmantes, polos traballo precarios que obrigan a unha mocidade sobradamente preparada a cruzar fronteiras en procura de futuro, polo incremento dos accidentes mortais en xornadas de traballo afectadas polos recortes.