FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO participa no I Congreso Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal

    • O evento organizouse no marco do programa Vigo Pesqueiro, que procura potenciar o pasado e presente industrial da cidade olívica e da súa contorna

    A fundación Fundamar, da que forma parte Comisións Obreiras (CCOO), organizou hoxe en Vigo o I Congreso Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal. Especialistas procedentes de ambas as dúas marxes do Miño analizaron e debateron nunha intensa xornada as oportunidades vinculadas ao turismo industrial.

    27/10/2016.
    Vigo-Pesqueiro

    Vigo-Pesqueiro

    ~~Javier Touza, presidente de Fundamar, Manuel da Silva, vicecónsul de Portugal en Galicia, Enrique López Veiga, presidente do porto de Vigo, e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, deron a benvida ás persoas que participaron neste congreso, que se celebrou nas instalacións da Cooperativa de Armadores (ARVI).

    O primeiro panel moderouno o profesor Xoán Carmona, catedrátido de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago, e desenvolveuse so o lema «turismo industrial: unha oportunidade de desenvolvemento económico e social do territorio». Como relatores participaron as portuguesas Alexandra Alves, coordinadora técnica do turismo de São João da Madeira; Fernanda Araújo, da Direção Regional da Cultura do Norte, e Alexandra Guedes, do turismo do Porto e Norte de Portugal; mentres que as voces galegas foron Ana Laura Iglesias, concelleira de Turismo de Vigo, e Carmen Pita, directora de Promoción Turística de Galicia.

    O segundo panel, moderado por Manuel Lara, presidente de Buxa-Asociación Galega do Patrimonio Industrial, titulouse «experiencias da industria viva en turismo, cultura e museos». Do lado galego interviñeron José Antonio Marcote, especialista en mercadotecnia territorial; Alexandra Touza, directora executiva de Ponle Cara al Turismo e Imalocal; e Vicente Caramés, xerente do Museo do Mar de Galicia. Da parte portuguesa, Carlos Antunes, director do AquaMuseu de Vilanova de Cerveira, e Manuel Cordeiro, director do Museu da Indústria Têxtil da Bacia do Ave.

    Pola tarde organizouse unha ruta en barco que partiu do Museo do Mar e serviu para amosar o patrimonio industrial da ría de Vigo.

    Vigo Pesqueiro
    A organización deste congreso forma parte das actividades do programa Vigo Pesqueiro, unha iniciativa conxunta de Fundamar, ARVI e os sindicatos Comisións Obreiras e UGT. Vigo Pesqueiro procura potenciar o pasado e presente industrial da cidade olívica e da súa contorna.

    Precisamente, os paseos en barco, como o organizado no remate do congreso, terán continuidade neste programa, xunto con visitas guiadas e outras xa específicas pensadas para os amantes da investigación ou colectivos concretos.