FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    A Secretaría de Xuventude da FSC-Galicia, satisfeita cos resultados do II Cinefórum «CINE EN PRESENTE»

    • O pasado xoves 27 de outubro, a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO en Galicia, en colaboración co ERLAC, organizou a segunda edición do CINEFÓRUM: CINE EN PRESENTE. Conflitos sociolaborais reflectidos no audiovisual

    A Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña foi o lugar escollido para este II Cinefórum «Cine en presente. Conflitos sociolaborais», organizado en colaboración coa súa Fundación, e que contou coa participación como relatores de Libertad Camino Alcocer Onrubia, secretaria de Xuventude da FSC de CCOO, Iván Vizcaíno Ramos, profesor de Dereito Sindical na Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña e Olalla Carballeda Feijóo, secretaria de Xuventude da FSC de CCOO Galicia.

    31/10/2016.
    II Cineforum "CINE EN PRESENTE"

    II Cineforum "CINE EN PRESENTE"

    ~~Entre a asistencia, que superou o medio centenar de persoas, atopábanse alumnos da Escola, militantes de CCOO e persoas relacionadas co mundo sociolaboral, polo que o visionado das secuencias e posterior debate para comentar as intervencións dos relatores invitados resultaron tremendamente enriquecedoras. Sen dúbida, unha actividade de éxito canto a participación e resultados, pois podemos afirmar que tanto o colectivo estudantil alí presente como o sindical entenden agora algo máis e mellor o papel que terán que desempregar en común no escenario sociolaboral.

    Cine en presente fixo posible, combinando recursos audiovisuais e debate aberto, aproximarnos á realidade laboral que sufrimos na actualidade, incidindo nas estratexias que utiliza a patronal.

    Tratáronse temas tan diversos como a negociación colectiva, os convenios extraestatutarios; falouse acerca da igualdade avaliada a través dos convenios femininos e masculinos de baloncesto e a non existencia de convenio de fútbol feminino; da importancia da afiliación, das bolsas, convenios de prácticas, garantía xuvenil... A secretaria de Xuventude só pode facer unha valoración positiva deste acto, xa que os alí presentes puideron debater, participar e opinar sobre o sindicato, e propiciar así un achegamento real entre o sindicato e a xuventude, polo que consideramos seguir nesta liña de actuación nun futuro.