FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO asina novas medidas de seguridade no convenio de mergullo e pide coeficientes redutores da idade de xubilación

    • O sindicato salienta que se trata de «grandes avances» que mellorarán a situación do colectivo

    Comisións Obreiras (CCOO) asinou unha modificación do convenio colectivo de mergullo profesional e medios hiperbáricos. O sindicato amosa a súa «satisfacción» ante o «importante acordo», pois inclúe novas medidas de seguridade para mellorar a situación deste colectivo, que realiza funcións perigosas e de alto risco.

    02/11/2016.
    Convenio de mergullo

    Convenio de mergullo

    ~No Boletín Oficial do Estado (BOE) do 1 de novembro publicouse o texto da modificación do dito convenio, no que as partes manifestan que a preservación da seguridade e a saúde é a «principal preocupación» que motiva esta modificación normativa.

    Debido a que o exercicio profesional do mergullo se caracteriza por uns «riscos moi específicos», así como unha «perigosidade contrastada e con graves consecuencias para a integridade» física, o convenio modifica o artigo relacionado coa xornada e inclúe un anexo con normas de obrigado cumprimento.

    As novas obrigas, destinadas a mellorar a seguridade, atanguen cuestións como a necesidade de formación específica na prevención de riscos e atención sanitaria, limitacións no exercicio da actividade profesional ou os requisitos que han cumprir os equipamentos profesionais, entre outras.

    Reducir a idade de xubilación

    Comisións avanza que continuará as negociacións coa Dirección Xeral da Mariña Mercante, o Ministerio de Fomento e a Seguridade Social para que as traballadoras e traballadores de actividades subacuáticas teñan recoñecido un coeficiente redutor da idade de xubilación.