FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Comezan as visitas guiadas do programa Vigo Pesqueiro, no que CCOO participa a través da fundación Fundamar

    • O programa procura potenciar o pasado e presente industrial da cidade olívica e da súa contorna

    A fundación Fundamar, da que forma parte Comisións Obreiras (CCOO), organiza o próximo sábado, día 5 de novembro, o primeiro 'Percorre', unha serie de visitas guiadas ao abeiro do programa Vigo Pesqueiro. Trátase dunha inciativa que procura potenciar o pasado e presente industrial da cidade olívica e da súa contorna.

    03/11/2016.
    Vigo Pesqueiro

    Vigo Pesqueiro

    ~Cada 'Percorre' é diferente. Esta primeira ruta, que terá un prezo de 8 euros, partirá ás 11:15 h de diante da oficina de turismo ?a carón do centro comercial A Laxe? e transitará por varias zonas industriais da cidade. Así mesmo, incluirá unha visita guiada ao interior dun barco pesqueiro. O 'Percorre' rematará, aproximadamente, ás 13 h.

    Descontos

    Nas seguintes visitas haberá descontos para grupos e tamén para a afiliación de CCOO, cuestións que se concretarán proximamente.

    Información na web

    As diferentes 'Percorre', coa información concreta de cada unha, serán difundidas con antelación suficiente na páxina web vigopesqueiro.com e tamén a través do Facebook (facebook.com/vigopesqueiro). Nestes momentos xa está dispoñible o calendario coas distintas actividades previstas para este mes de novembro.