FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO pídelle ao Goberno que non aprobe o decreto sobre a estiba e que reabra a negociación

    • O sindicato afirma que é falso que a Comisión Europea esixise a modificación do réxime laboral na estiba e cre que o Goberno pretende despedir unha boa parte dos 6600 estibadores, á custa dos contribuíntes, e precarizar as condicións dos demais.

    CCOO e os demais sindicatos con implantación entre os estibadores ?UGT, Coordinadora, CIG e CGT? convocan folga para os días 20, 22 e 24 de febreiro, que paralizará os traballos de estiba en todos os portos españois. A razón desta folga é o propósito do Goberno, do que informou o ministro de Fomento aos sindicatos o pasado 2 deste mes, de aprobar decontado un real decreto no Consello de Ministros, para ser validado nas Cortes, que eliminaría radicalmente todos os dereitos dos traballadores conquistados ao longo de moitos anos de loitas e esforzo.

    10/02/2017.
    Conflito Estiba

    Conflito Estiba

    ~~CCOO afirma que «coa ameaza deste real decreto, o Goberno sabota conscientemente os pactos acadados nas últimas semanas entre sindicatos e patronal, nunhas negociacións nas que o Goberno non quixo participar pero que si impulsou e de cuxo desenvolvemento sempre estivo perfectamente informado. Deste torpedeo xurdiu que, en primeiro lugar, ANESCO recuara nas negociacións; máis tarde, que apoiara tepedamente o Goberno e, ao cabo, que se divida. División expresada en que xa Maersk, TTIA e Grimaldi se comprometeron publicamente a apoiar os acordos alcanzados coas organizacións sindicais».

    O sindicato critica que nin sequera lles entregasen o texto do real decreto anunciado, pero cren que das explicacións do ministro se deduce que quere despedir unha boa parte dos arredor de 6600 estibadores que hai na actualidade. «E despedilos á custa das e dos contribuíntes españois. Ao tempo, convertería os restantes nunha nova especie de precarios. Isto é o que significa a negativa gobernamental a manter un rexistro que, ademais, é obrigatorio segundo o artigo 3 do Convenio 137 da OIT, ratificado por España hai 42 anos, e que supón a única garantía de cualificación e profesionalidade do traballo da estiba».

    «O único razoamento do Goberno para este desatinado proxecto é que o esixe a Comisión Europea. Pero isto tamén é falso. A sentenza do Tribunal de Luxemburgo, de decembro do 2014, só di que hai dous pequenos puntos na lexislación española que contraveñen o artigo 49 do Tratado de Lisboa. É verdade que a Comisión Europea, xa desde os seus primeiros ditames do 2009, rexeitaba moitas máis cousas, pero ningún dos seus documentos, todos coñecidos por nós, pedía a eliminación do Convenio 137 da OIT. Ademais, o Goberno tampouco foi quen de mostrar ningún novo documento da Comisión no que se rexeiten os acordos alcanzados en España e sabotados polo propio Goberno. É máis, cando o Goberno fala dos 134.000 euros diarios con que podemos ser multados de non facermos nada, debería botar contas e así sabería que terían que pasar oito anos e dous meses para alcanzar os 400 millóns de euros que o Goberno di que nos custará a todos os contribuíntes a precarización do traballo da estiba».

    O 8 de febreiro, CCOO pediulle ao Goberno que non aprobe este venres o real decreto e que reabra a negociación, coa participación do propio Goberno. Mañá saberase se se acepta isto ou non. «De non ser así, os últimos 31 anos de paz social na estiba ?desde o decreto de 1986, que si foi consensuado?, que permitiron que os portos españois gañaran unha importante cota de mercado nos tráficos mundiais, chegarían ao seu fin. Coas armas que a lei dá, pero con todas elas, os estibadores defenderán os seus dereitos e un traballo digno, nunhas folgas que empezarán o 20 de febreiro e que poden durar moito tempo».

    Nesta loita, coma sempre, CCOO estará en primeira fila defendendo os estibadores e a extensión do seu exemplo e dereitos a todas as traballadoras e traballadores. Como é a obriga do sindicalismo confederal e de clase. E non estaremos sós, pois os compañeiros e compañeiras das organizacións internacionais ás que pertencemos, ITF e ETF, xa mostraron a súa disposición a solidarizárense con nós.