FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO esfórzase en manter o diálogo e impedir o «decretazo» da estiba que o Goberno quere aprobar este venres

      O sindicato mantivo reunións onte, 14 de febreiro, no Ministerio de Fomento e no Congreso, para tratar de achar unha solución negociada que evite a folga dos portos convocada para a próxima semana. Pero o Goberno rompeu as negociacións, ao tempo que recrúa o conflito.

      15/02/2017.
      SOS-ESTIBA

      SOS-ESTIBA

      ~~CCOO, xunta os demais sindicatos con implantación entre os estibadores ?UGT e Coordinadora? e a patronal ANESCO, participou onte, 14 de febreiro, nunha reunión no Ministerio de Fomento, na que estivo presente o ministro, para presentar a proposta sindical de consenso que permitiría pactar o previsto real decreto e evitar a folga portuaria.

      Esta proposta recolle substancialmente o resultado das negociacións mantidas nos últimos meses coa patronal e que asinaron estes días a maioría de empresas estibadoras. A proposta, que parte do respecto ao Convenio 137 da OIT, ratificado por España e observado expresamente no apartado 44 da Sentenza do TXUE, do 11 de decembro de 2014, vai acompañada dun informe do bufete xurídico Martínez Lage, Allendesalazar & Brokelmann. O informe valora moi ben o encaixe da proposta sindical coa sentenza do TXUE e cos tratados da UE.

      Non obstante, o Goberno rexeitou a proposta sen estudala, afirmando é contraria aos criterios da Comisión Europea. Isto contrasta co voto de onte no Parlamento Europeo dos eurodiputados populares. En efecto, ante a proposta da eurodiputada española Paloma López de que a comisaria Violeta Bulc comparecese perante o Parlamento Europeo, os eurodiputados populares impedírono cos seus votos. Da así a impresión de que o Goberno español teme o que Violeta Bulc poida dicir publicamente.

      CCOO, sempre no seu esforzo para tratar de evitar a folga, tamén se reuniu pola mañá cos responsables federais de Esquerda Unida, Sira Rego e Ernesto Alba, que estaban acompañados pola deputada por Málaga, Eva García Sempere. Nesta reunión explicouse exhaustivamente todo o longo proceso que levou á situación en que nos encontramos pola intransixencia do Goberno. As mesmas explicacións déronse, a seguir, nunha reunión cos representantes de Unidos Podemos na Comisión de Infraestruturas do Congreso dos Deputados, Félix Alonso (portavoz e deputado por Tarragona), Sergio Pascual (deputado por Sevilla) e Carmen Valido (deputada por Las Palmas).

      Naturalmente, CCOO seguirá esforzándose por que non se produza o «decretazo» este venres. Pero, se for así, traballará, como xa o vén facendo, para que o Congreso dos Deputados non o valide. E tamén traballaremos, con todas as nosas forzas e co apoio de todos os nosos afiliados portuarios, polo éxito da folga. Sempre dentro da legalidade e rexeitando todos os bastos intentos do Goberno de acusar os estibadores de vandalismo, cando é el mesmo o único responsable do dano que poden sufrir os portos españois. Portos que, desde o real decreto de 1986 ?que si foi consensuado? conseguiron gañar unha importante cota de mercado a outros portos europeos, sempre grazas á profesionalidade e capacidade dos nosos estibadores.