FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    DESPEDIMENTOS EN MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

    • Comisións Obreiras denuncia os despedimentos das captadoras e captadores de socias en Médicos Sen Fronteiras
    • A ONG fai efectiva, dende o 6 de xullo, a cláusula de obxectivos abusivos que CCOO denunciou perante o TSXG

    Tras a acampada de traballadores e traballadoras de Médicos Sen Fronteiras a pasada semana diante da sede da empresa en Santiago de Compostela, a Sección Sindical de CCOO logrou establecer un espazo para o diálogo coa ONG, coa finalidade de tratar a actual situación de precariedade á que se ven sometidos os captadores e captadoras de socias.

    07/07/2017.
    CCOO contra os despedimentos en MSF

    CCOO contra os despedimentos en MSF

    Este pasado mércores, 5 de xullo, tivo lugar a segunda das xuntanzas co Departamento de Recursos Humanos de MSF, na que se decidiu abrir unha mesa de diálogo. Só un día despois desta xuntanza, na que empresa e sindicato buscaban puntos de encontro, Médicos Sen Fronteiras fixo efectiva a cláusula de obxectivos que Comisións Obreiras denunciou diante dos xulgados e que entende como abusiva. Esta da cláusula aplicouse de forma exclusiva cun traballador que pertence á Sección Sindical de CCOO. A dita cláusula posibilita o despedimento de máis do 80 % do cadro de persoal de captadores e captadoras de socias en Galicia e habilitará nos vindeiros meses o despedimento de case todo o cadro de persoal. É importante lembrar que esta profesión é fundamental para o financiamento de MSF, que depende nun 95 % de fondos privados. Comisións Obreiras denuncia os despedimentos en Médicos Sen Fronteiras e anuncia mobilizacións nos vindeiros días. Instamos tamén a MSF á paralización dos despedimentos e da cláusula de obxectivos até que haxa unha sentenza firme do TSXG.