FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Finalizada a negociación no SIMA sen acordo do Convenio Colectivo Estatal de Artes Gráficas, Manipulados de Papel, Manipulados de Cartón, Editoriais e Industrias Auxiliares

    • Trala celebración da mediación no SIMA os días 12 e 23 de xuño, e hoxe día 13 de xullo a mesma finalizou SEN ACORDO.

    14/07/2017.


    En todas e en cada unha delas pola parte social estableceuse que o capítulo de incremento salarial debería de pasar por catro aspectos:

    1. Incremento desde o 1 de xaneiro de 2017

    2. Eliminación do capítulo de compensación e absorción ou ben a suspensión do mesmo durante a vixencia do presente convenio (2017-2018) ou unha terceira posibilidade que consiste en que unha porcentaxe do incremento pactado non puidese ser nin compensable nin absorvible.

    3. Incremento 2017-2018 entre o intervalo do 1,8% ao 3%.

    4. Actualización salarial.

    Introdución no texto do convenio o documento que se ha ir traballando de forma conxunta sinalando os diferentes tipos de acoso e os seus protocolos.

    Recoñecemento de parellas de feito.

    Melloras no apartado de licenzas e permisos retribuidos.

    Proposta de modificación ou adaptación dos grupos profesionais do convenio.

    Por parte da patronal ao longo de todas as sesións séguese mantendo en:

    - Negativa á modificación do capítulo de absorción e compensación.

    - Negativa rotunda á actualización salarial.

    - Incremento pactado aplicarase desde a firma do convenio.

    Ante as posturas tan sumamente separadas foi imposible alcanzar algún tipo de acordo.

    Desde ambas organizacións sindicais consideramos que as pretensións da patronal son inasumibles e para modificar a súa postura no mes de setembro continuaremos desenvolvendo as asembleas para debater a proposta de FOLGA do sector por un convenio digno.