FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Médicos Sen Fronteiras despide a traballadores e traballadoras da captación de socias

    • A cláusula de obxectivos que Comisións Obreiras leva meses denunciando por abusiva, fixo posible o despido esta mesma semana de traballadores da captación de socias en Vigo e Coruña

    A cláusula de obxectivos que Comisións Obreiras leva meses denunciando por abusiva, fixo posible o despido esta mesma semana de traballadores da captación de socias en Vigo e Coruña.

    22/07/2017.
    MSF DESPIDE

    MSF DESPIDE

    CCOO denuncia que Médicos Sen Fronteiras continúa perseguindo e despedindo a traballadores e traballadores dedicados á captación de socias. É importante recordar que esta profesión é fundamental para o financiamento de MSF, que depende nun 95% de fondos privados.

    A cláusula de obxectivos que Comisións Obreiras leva meses denunciando por abusiva, fixo posible o despido esta mesma semana de traballadores da captación de socias en Vigo e Coruña.

    O sindicato esixe a MSF a paralizar a cláusula de obxectivos, que fai posible que nos próximos meses póidase despedir a case todo o persoal de forma disciplinaria. " É necesario que se paralice esta cláusula ata que haxa un fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia", esixen desde CCOO.

    Ante esta situación, unha vez CCOO apostará pola mobilización, a negociación e a visibilización do conflito. Así, utilizarán o hashtag # msfdespide para dar a coñecer a precariedade do sector e reclamar un traballo digno nunha ONG que defende os dereitos humanos, pero que vulnera os dereitos laborais máis elementais.