FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO AENA presenta escrito previo á convocatoria de folga

      Onte, os sindicatos CCOO, UGT e USO presentaron un escrito previo á convocatoria de folga en AENA que, de non se alcanzar acordo, comezaría ás 00:00 horas do día 15 de setembro.

      17/08/2017.
      AENA T4

      AENA T4

      O escrito presentado ante a Comisión de Interpretación, Vixilancia, Conciliación, Arbitraxe e Solución de conflitos (CIVCA) do vixente convenio de AENA recolle a vontade dos sindicatos para solucionar o conflito por calquera vía pacífica antes da convocatoria de folga legal. A comisión negociadora presenta este documento como requisito previo, como se recolle no artigo 9 do convenio.

      Os motivos que fundamentan a convocatoria de folga son a recuperación do poder adquisitivo, a creación de emprego, ademais da taxa de reposición e a recuperación de dereitos perdidos nos últimos anos.

      A folga, que afectará ao Grupo de Empresas de AENA, integrado pola Entidade Pública Empresarial ENAIRE e AENA SME, S.A. en todos os centros de traballo, desenvolverase en xornadas de 24 horas para os días 15, 17, 22, 24 e 29 de setembro, 1, 6, 11, 15, 27, 30 e 31 de outubro, 3 e 5 de novembro, 1, 4, 5, 7, 8, 10, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2017.