FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Acordo para o ERE voluntario en Iberia

      O pasado luns, día 4 de setembro, asinouse en Madrid o acordo para o expediente de regulación de emprego na aeroliña Iberia. As negociacións centráronse en lograr que a adhesión ao ERE fose voluntaria e en lograr as mellores condicións posibles para as case mil persoas afectadas

      06/09/2017.
      Avion_de_Iberia_-_Fonte__iberia.com

      Avion_de_Iberia_-_Fonte__iberia.com

      O período de consultas comezou o pasado 24 de agosto e rematou o 4 de setembro, con acordo, tras ver a parte sindical cumpridas as máis das súas esixencias.

      A seguir indícanse algunhas melloras conseguidas:

      ? Aplicación do ERE a todo o persoal fixo da compañía (reiterada por CCOO desde as negociacións dos expedientes anteriores).

      ? No ámbito económico:

           * No colectivo de voo, incremento das cantidades iniciais para o cálculo da prexubilación nun 1% anual, e o incremento no cálculo da baixa incentivada de como mínimo un 1% para o ano 2018 e outro 1% para o ano 2019, que se regularizarán no caso de que a subida pactada no próximo convenio colectivo supere o 2,01% acumulado nos anos 2018 e 2019. No colectivo de terra, regularizaranse as cantidades iniciais para o ano 2017, co incremento derivado da participación en beneficios, na súa parte consolidada.

           * Tamén se revalorizarán as cantidades dos anos 2018 e 2019 nun 1%, coa
      posibilidade de regularizalas se a subida pactada no próximo convenio colectivo supera o 2,01% acumulado para os anos 2018 e 2019.

      ? Modificación da redacción na disposición final quinta no que respecta á súa aplicación, eliminando a unilateralidade de que dispuña a compañía para a súa aplicación, e incorporando unha garantía preferente de retorno para o persoal afectado nun prazo de dous anos. Amplíase o número de días para o cálculo da indemnización por despedimento de 21 a 25.

      ? Incorporación da figura do teletraballo dentro da medida de redución temporal de xornada, sen prexuízo do que se poida renegociar no futuro.

      ? Para o colectivo de TCP, logrouse que se poida acollerse á medida de prexubilación ou de excedencia especial. Isto permite que o colectivo se poida acoller a este ERE, xa que no anterior non tivo a posibilidade.

      CCOO comprométese a vixiar a correcta aplicación deste ERE e de todos os acordos derivados do mesmo que se poidan conseguir.

      Documentación asociada
      Documentación asociada