FSC-CCOO Galicia | 8 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Folgas en outubro polo convenio de artes gráficas e editoriais

    • Os sindicatos piden incrementos salariais entre o 1,8 e o 3 % para os preto de cen mil traballadores e traballadoras afectados polo Convenio de artes gráficas, manipulados de papel, manipulados de cartón, editoriais e industrias auxiliares.

    Reunidas as direccións sectoriais de CCOO e UGT que compoñen a mesa de negociación do convenio, e logo de analizaren todo o proceso de negociación que concluíu o pasado 16 de xullo co peche da mediación no SIMA sen avinza, acordamos o seguinte:

    22/09/2017.
    artes gráficas

    artes gráficas

    Continuar co proceso de asembleas nos territorios e intensificar a súa realización nos centros de traballo, para lles explicar a todos os traballadores e traballadoras do sector os motivos e reivindicacións que nos levan á mobilización, que culminará con varias xornadas de folga a finais de outubro e primeiros de novembro.

    Centrar as principais reivindicacións nos seguintes puntos:

    ?    Incremento salarial entre o 1,8 % e o 3 %, con aplicación desde o 1 de xaneiro de 2017, que non sexa compensable nin absorbible e con cláusula de actualización.

    ?    Ultraactividade indefinida.

    ?    Inclusión no convenio dun plan de igualdade e un protocolo de actuación en casos de acoso sexual ou laboral.

    ?    Recoñecemento das parellas de feito, así como a posibilidade de beneficiarse do permiso por hospitalización de familiares mentres esta dure.

    ?    Eliminar a prioridade da antigüidade para elixir o período de gozo das vacacións.

    Pola importancia do noso convenio, facemos un chamamento a todos os traballadores e traballadoras do sector para que participen de forma masiva nas asembleas convocadas, así como nas próximas mobilizacións e, por suposto, na realización das xornadas de folga.