FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Mobilizacións dos traballadores/as da administración de xustiza

      Todas as organizacións sindicais con representación na mesa de negociación da Administración de Xustiza (SPJ-USO, CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO), en unidade de acción, estamos a realizar unha serie de mobilizacións co fin de que pola Dirección Xeral de Xustiza se inicie a negociación

      15/11/2017.
      Leiceaga Patricia Vilán sindicatos xustiza

      Leiceaga Patricia Vilán sindicatos xustiza

      Dita negociación é en relación os seguintes puntos:
      - Incremento do CAT (complemento autonómico transitorio)
      - Descontos por IT (incapacidade temporal)
      - Plan de amortización de 106 prazas
      - Cobro do 100% nas substitucións
      - Consolidación das prazas de reforzo de mais de 3 anos

      Celebráronse asembleas cos traballadores nas sete grandes cidades de Galicia e informouse en todos os centros de traballo.

      Asemade, o 14 de novembro,  as organizacións sindicais reunímonos cos grupos parlamentarios de En Marea, BNG y PSOE obtendo o respaldo dos mesmos nas nosas reivindicacións.

      Mañá, 16 de novembro, iniciamos as mobilizacións coa convocatoria dunha concentración diante dos centros de traballo.

      As organizacións sindicais prevemos a convocatoria de folga os días 1 e 13 de decembro e no descartamos, en caso de no ser atendidas as nosas reivindicacións, de iniciar a finais do mes de xaneiro unha folga indefinida.

      Documentación asociada
      Documentación asociada