FSC-CCOO Galicia | 17 Maio 2025.

AGORA SI TOCA
  • Menú Documentos

    Manifestación pola RESCISIÓN de MATINSA e por un SERVIZO PÚBLICO e de CALIDADE dos bombeiros de Pontevedra

      Hoxe, 29 de decembro, coincidindo coa convocatoria do derradeiro pleno anual da Deputación de Pontevedra, no que se presentou unha moción para solicitar que a xestión de Matinsa sexa investigada polos seus reiterados incumprimentos das condicións do prego de concesión, os bombeiros do Consorcio Provincial de Pontevedra manifestáronse xunta máis dun cento de persoas co lema "pola rescisión de Matinsa e por un servizo público e de calidade"

      29/12/2017.
      foto manifestacion bombeiros Pontevedra

      foto manifestacion bombeiros Pontevedra

      Na mobilización convocada por CCOO, UGT, CIG e SIB-Gal pediuse a rescisión do contrato con Matinsa, coa intención de lembrarlles aos dirixentes políticos que deben apostar por unha desprivatización en Galicia, única maneira de garantir que algún día todos os bombeiros da comunidade poidan traballar en condicións dignas e prestar o servizo que a cidadanía realmente merece.