FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Seguimento de máis do 90 % na segunda xornada da folga indefinida na Xustiza

      O sector da Xustiza de CCOO de Galicia informa do seguimento «masivo» da segunda xornada da folga indefinida convocada no ámbito por todos os sindicatos. Centos de xuízos e milleiros de trámites xudiciais quedaron interrompidos, o que dá idea da elevada aceptación da convocatoria. Hai que lembrar que na primeira xornada de folga o seguimento foi de case o 90 %.

      08/02/2018.
      Pancarta principal da manifestación de hai uns días en Santiago de Compostela

      Pancarta principal da manifestación de hai uns días en Santiago de Compostela

      O persoal da Xustiza reivindica a equiparación salarial cos compañeiros e compañeiras doutras comunidades autónomas, que cobran máis por faceren o mesmo traballo. Tamén esixen a recuperación dos dereitos perdidos durante a crise.

      Por último, denuncian as «mentiras» dos responsables da Xunta nos meses que leva aberto o conflito, especialmente desde decembro do ano pasado, cando tivo lugar a primeira convocatoria de folga.