FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Asinado o Plan de Igualdade de Iberia Terra

      O pasado martes, 26 de marzo, chegouse a un acordo para o asinamento do Plan de Igualdade no colectivo de terra, poñendo así punto e final a un longo proceso de elaboración

      05/04/2018.
      Plan Igualdad Iberia Terra

      Plan Igualdad Iberia Terra

      Tras máis de catro anos de reunións e logo de realizar unha análise exhaustiva da situación do cadro de persoal, observouse unha evidente diferenciación en función do grupo laboral: o colectivo administrativo está claramente feminizado, mentres que os colectivos AGSA ou TMA están masculinizados. Aínda que non se aprecia ningún tipo de discriminación nesta análise, en CCOO sempre insistimos na necesidade dun Plan de Igualdade como ferramenta básica que garanta unha verdadeira igualdade en todos os aspectos entre mulleres e homes.
      Entre os principais obxectivos que se recollen no Plan destacamos os seguintes:
      Garantir a igualdade de oportunidades nos procesos de selección, contratación, promoción, etc., asegurando que non hai discriminación de ningún tipo.B)    Facilitar o acceso aos dereitos de conciliación a todo o persoal.
      Dar difusión aos protocolos de acoso, tanto psicolaboral como por razón de sexo, co fin de previlo.
      Mellorar e divulgar os dereitos que teñen as persoas que están sufrindo violencia de xénero.CCOO sempre fixo fincapé na necesidade de concienciación e formación de todo o persoal en materia de igualdade, especialmente dos mandos, fomentando e integrando a perspectiva de xénero en todos os ámbitos. Para iso, temos presentado múltiples propostas, entre as que destacamos a inclusión do colectivo LGTBI nos protocolos de acoso.
      Desde CCOO consideramos moi positivo o asinamento do acordo e, dentro do Comité Permanente de Igualdade, comprometémonos a seguir traballando para vixiar o seu cumprimento.