FSC-CCOO Galicia | 9 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    ASINADO IN EXTREMIS O IV CONVENIO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E XIMNASIOS

      O pasado día 3 de abril, a patronal FNEID, CCOO e UGT asinaron o novo convenio do sector, ratificando así o acordo previo alcanzado en marzo, que na práctica supón a prórroga do III convenio, sen apenas modificación do texto máis alá da suba salarial.

      10/04/2018.
      ASINADO O IV CONVENIO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E XIMNASIOS

      ASINADO O IV CONVENIO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E XIMNASIOS

      Pendente aínda da súa publicación no BOE, o IV Convenio, cuxa vixencia será só de dous anos, recolle unha suba salarial do 3 % para 2018, sobre as táboas de 2014, con efectos do 1 de xaneiro. Para 2019, sobre as táboas resultantes de 2018 aplicarase unha suba de ipc máis o 1 %, garantindo en calquera caso un 2,2 % como mínimo e un 3 % como máximo, en función de como quede finalmente o ipc de 2018. O resto do texto mantense invariable, salvo nalgúns artigos que requiriron a súa adecuación á lexislación vixente.
       
      Para CCOO, este acordo non satisfai en absoluto as pretensións sindicais, pero non se podía prolongar máis a posición maximalista da patronal, que non parou de torpedear as negociacións, sobre todo desde o último ano. Optouse por esta solución in extremis porque non se podía deixar o convenio conxelado por máis tempo nun sector que non alcanza nin sequera salarios de mil euros. Porén, o asinamento supón unha perda considerable de poder adquisitivo (non se aboarán os atrasos correspondentes a 2016 e 2017, é dicir, dos dous anos que durou a negociación). Tampouco quixo FNEID atender outras demandas sindicais como a necesaria inclusión de novas medidas de saúde laboral, nunha actividade en que resulta tan relevante esta cuestión.
       
      CCOO considera intolerable a actitude de FNEID nesta negociación, na que non só mantivo unha negativa constante á mellora do convenio, senón que mesmo tratou de rebaixar dereitos laborais conseguidos con anterioridade. A súa posición radical sitúa así á defensiva as traballadoras e os traballadores do deporte, que non cesarán de velar polo estrito cumprimento do convenio e da lexislación vixente, así como por avanzar nas súas condicións laborais, nun sector en crecemento constante que non para de xerar beneficios, como a propia patronal recoñece.