FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO mellora resultados e iguala como primeira forza sindical en ENCE

    • O sindicato congratúlase por uns resultados que referendan o seu labor en defensa dos dereitos laborais na empresa

    Comisións Obreiras mellora resultados e iguala como primeira forza sindical en votos e representación en ENCE (Energía y Celulosa). Nas anteriores eleccións, en 2014, CCOO conseguira catro membros no comité e agora sobe ata cinco. Pola súa parte, a UGT, que era o sindicato maioritario, perdeu a metade dos seus representantes, pasando de seis a tres. A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO congratúlase por estes resultados, que referendan o seu labor en defensa dos dereitos laborais na empresa.

    09/05/2018.
    CCOO mellora os resultados nas eleccións sindicais de ENCE

    CCOO mellora os resultados nas eleccións sindicais de ENCE

    Resultados

    Actualmente hai un empate canto a votos e representación na pasteira con sede en Lourizán (Pontevedra) entre CCOO e a CIG. Ambos os dous sindicatos conseguiron cinco delegados e delegadas grazas a que obtiveron cadanseus 82 votos.

    Por colexios, CCOO foi a forza máis votada no de especialistas, con 52 votos (case o 41 %), o que lle valeu conseguir tres representantes. Moi preto situouse a CIG, con 48 (37,8 %) e a notable distancia a UGT, con 24 (9,45 %).

    No colexio de técnicos houbo practicamente un triplo empate entre os tres sindicatos, separados por a penas nove votos. Do mesmo xeito, a representación obtida neste colexio foi a mesma: dous delegados e delegadas para cada organización.