FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO e UGT comunícanlle á Administración que asumen o acordo para a mellora das condicións laborais do persoal da Administración de Xustiza en Galicia

      Despois do longo conflito da xustiza en Galicia, neste momento a Administración galega chegou ao máximo posible de negociación. Dado que o contido de súa proposta recolle unha parte importante dos obxectivos da mobilización, e sendo conscientes de que quedan aspectos que por forza corresponden ao ámbito da comisión de seguimento, CCOO e UGT, entendemos que, por responsabilidade, debemos contribuír a que os beneficios dos obxectivos acadados por todos os traballadores e traballadoras se poidan aplicar o máis axiña posible, o que contribuirá a paliar os efectos desta longa loita en defensa da homologación salarial dos traballadores e traballadoras da Xustiza de Galicia.

      18/05/2018.
      CCOO e UGT en disposición de asinar o documento proposto pola Administración

      CCOO e UGT en disposición de asinar o documento proposto pola Administración

      Por todo anterior, esta mañá comunicamos estarmos en disposición de asinar o documento proposto  pola Administración o pasado 15 de maio na Mesa Sectorial.

      CCOO e UGT requirimos a inmediata convocatoria da comisión de seguimento cos asinantes para poder aplicar con carácter inmediato todas as medidas que recolle o acordo.

      Recollemos o sentir maioritario dos traballadores e traballadoras, e lamentamos que se alongara inecesariamente, por motivos non laborais, unha situación ficticia de mobilización que non se sustentaba sobre os elementos esenciais das reivindicacións coas que se constituíu o comité de folga.

      CCOO e UGT realizaremos a vindeira semana asembleas informativas para explicar os termos do acordo e como se chegou a el. Intentaremos facelas conxuntamente con aquelas organizacións sindicais que tamén defenden o acordo.