FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Xornada Diversidade "sensibilizar, visibilizar, normalizar"

    • A xornada se celebrará o día 7 de xuño en Santiago de Compostela, na que se fará un repaso aos conceptos, a lexislación galega, acción sindical, recursos sindicais, negociación colectiva e discriminación LGTBfobia.
    • Porque ser lesbiana, gai, transexual, bisexual ou intersexual non é ningún problema, O problema é ter e padecer de LGTBIfobia.

    Dende CCOO loitamos porque a diversidade sexual e a identidade de xénero sexan un evento visible e respectado en todos os ámbitos, incluído no traballo, xa que a pesar dos esforzos realizados e dos avances logros, aínda queda un longo camiño para garantir a eliminación das desigualdades para persoas que non se identifican coas expectativas de xénero socialmente establecido, debido aos estereotipos e prexuízos sociais preestablecidos e que nos marcan culturalmente e na educación recibida dende idades pequenas.

    05/06/2018.
    Xornada Diversidade e Igualdade FSC Galicia

    Xornada Diversidade e Igualdade FSC Galicia


    E importante realizar accións para garantir a igualdade de oportunidades para toda a sociedade, dando a coñecer a invisibilidade e a lgtbphobia,  e con elo sensibilizar a sociedade  sobre a necesidade de respectar e erradicar a discriminación por motivos de sexo e orientación, identidade sexual ou de xénero.
    A discriminación que ten o colectivo LGTB no entorno laboral, obstaculiza o desenvolvemento persoal e profesional,  acaba en moitas ocasións coa expulsión do ámbito laboral, sexa por abandono dos postos de traballo o por despido discriminatorio.
    Consideramos que  como representantes dos traballadores/ as, os nosos delegados/as, non só teñen o deber de intervir e denunciar  as situacións de discriminación como parte da defensa dos dereitos e a calidade de vida da poboación traballadora, senón que ademais está nunha posición adecuada para impulsar accións pertinentes para que o centro de traballo sexa un lugar libre de discriminación.
    Erradicar a LGTBfobia tamén e un traballo sindical, e para elo debemos difundir e dar a coñecer aos nosos delegados/as, desde o cumprimento da legalidade e a garantía dos dereitos dos e as traballadoras , a información e as ferramentas adecuadas nas súas mans para abordar estas situacions se fose necesarios. 
    Como representación sindical temos que ir máis aló da responsabilidade social corporativa.
    Por elo as Secretarias de FSC CCOO de  Xuventude, de Mulleres, e de Política Social, estamos organizando a Xornada Diversidade "sensibilizar, visibilizar, normalizar", que se celebrará o día 7 de xuño, na que faremos un repaso aos CONCEPTOS, A LEXISLACION GALEGA, ACCION SINDICAL, RECURSOS SINDICAIS, NEGOCIACION COLECTIVA, e DISCRIMINACION-LGTBfobia