FSC-CCOO Galicia | 9 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    CCOO ve moi sospeitoso o acordo que pretende acadar o concello de O Barco ca concesionaria da piscina Viaqua a 20 meses de expirar a concesión

    • O sindicato esíxelle ó concello do Barco que artellen os mecanismos necesarios que garantan a subrogación dos nove postos de traballo

    Este escuro acordo deixa na rúa a todo o persoal que actualmente traballa na piscina. CCOO ve inadmisible que por dous meses incluídos un de vacacións (de ser certos os prazos do peche que o propio Concello anuncia) non se artellen os mecanismos necesarios que garantan a subrogación dos nove postos de traballo actuais na próxima adxudicataria do servizo.

    09/06/2018.
    Piscina Barco

    Piscina Barco

    Paralelamente tamén resulta sospeitoso para CCOO que a empresa este disposta a desembolsar unha importante cantidade de diñeiro que inclúe os canones ata a finalización da mesma, a penalización por abandono da prestación e incluso as indemnizacións de despedimento dos nove traballadores e traballadoras cando o remate da mesma está previsto para principios do ano 2020 e leva nesta situación de "supostas perdas" dende o ano 2010. O resultado desta actuación para o Concello sería moi beneficiosa economicamente xa que embolsaría unha importante cantidade de diñeiro que lle permite facer os arranxos na piscina ou invertelos para outro fin e recibiría a concesión libre por abandono de Viaqua sen persoal para subrogar na nova contratación. CCOO instou o Concello no a día de hoxe a fixar as datas da licitación e adxudicación do servicio publico da piscina municipal. O goberno municipal non adquiriu ningún tipo de compromisos antes estas dúas cuestións.