FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO participa nas manifestacións do Orgullo 2018 en Galicia

      CCOO, como sindicato de clase e axente vertebrador de cohesión social, ten a responsabilidade de velar polos dereitos das persoas LGTBI, garantindo a igualdade de oportunidades real, especialmente no mundo do traballo. Por iso, este 28 de xuño renova o seu compromiso de traballar para erradicar as situacións de rexeitamento, discriminación e/ou acoso a persoas por motivo da súa orientación sexual, expresión e/ou identidade de xénero; así como velar pola igualdade de condicións laborais de todas as persoas no ámbito da empresa, en especial, das persoas trans.

      01/07/2018.
      orgullo 2018 na Coruña

      orgullo 2018 na Coruña

      Este compromiso pasa tamén por colaborar coas diferentes organizacións LGTBI en campañas destinadas cara á sensibilización da sociedade, a defensa dos dereitos de todas as persoas, a información e formación de todas as persoas no seo das empresas para conseguir a igualdade real.