FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    O sector do mar lamenta o afundimento do 'Dorneda' e esixe unha investigación

      O sector do Mar de CCOO de Galicia lamenta o afundimento do barco conxelador arrastreiro 'Dorneda' en augas arxentinas e transmite a súa solidariedade á familia do tripulante falecido e máis do desaparecido. O sindicato insta a empresa armadora, Freiremar, a contribuír a aclarar o sucedido, a tempo que pide que actúe «con urxencia» a comisión de investigación de accidentes marítimos e incidentes marítimos para determinar as causas e previr novos sinistros.

      12/07/2018.
      O Dorneda nunha foto de arquivo do diario Atlántico

      O Dorneda nunha foto de arquivo do diario Atlántico

      A tripulación do 'Dorneda' estaba composta por 27 persoas, das que 25 foron rescatadas con vida polo pesqueiro arxentino 'Farruca', que fora enviado á zona xunto con outros buques pesqueiros.

      Segundo sindicatos arxentinos e a International Transport Worker's Federation (ITF), as autoridades arxentinas comunicaron que posiblemente a causa fose a entrada dun golpe de mar pola rampla de recolleita da arte de arrastre.

      Segundo o sector do Mar de CCOO sinala entre as prioridades a repatriación dos sobreviventes e do corpo do pescador falecido, a atención psicolóxica dos directamente afectados e dos seus familiares e a activación dos recursos previstos para dar cobertura e protección aos familiares do falecido.