FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Acordo para o desbloqueo da negociación do IV Convenio Estatal do Sector de Handling

      No día de hoxe 20 de xullo de 2018, despois de tres intensos dias de negociacion coa patronal, a Representación Sindical formada por CCOO, UGT e USO chegaron a un acordo no SIMA no que desconvocan a folga que se tiña plantexada no sector de handling.

      20/07/2018.
      desconvocada a folga que se tiña plantexada no sector de handling

      desconvocada a folga que se tiña plantexada no sector de handling

      A patronal finalmente entrou eazón e aceptou ó exposto polas tres organizacións sindicais no tocante á inclusión de tódalas novas variables plantexadas pola parte social, asi coma ó establecemento das garantías para o mantemento dos dereitos das e dos traballadoras/es subrogadas/os, incluindo os pluses de devengo mensual na garantía fixa bruta.

      Dunha vez ASEATA comprendeu que as traballadoras e os traballadores deste sector non podían continuar sendo penalizadas/os polo feito de sufriren unha subrogación, feito polo cal procedemos a desconvocar a folga.

      Do mesmo xeito, queda desbloqueada a negociación do IV Convenio Colectivo que terá de pecharse como máximo o 30 de setembro de 2018.

      Consideramos este acordo moi positivo para seguir traballando na redacción dun convenio ó nivel das traballadoras e traballadores deste sector.