FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditamina como nula a cláusula de produtividade que Médicos sen Fronteiras aplica ao persoal de captación de socios e socias no conxunto do Estado

      Hai apenas uns días o TSXG declaraba nula a cláusula 7 dos ontratos das captadoras e captadores de MSF, unha cláusula que esixe que o persoal alcance uns obxectivos mínimos en canto a número de socios así como un financiamento mínimo. Non alcanzar este dobre obxectivo supón para os traballadores e traballadoras a aplicación dun despedimento disciplinario, sen indemnización, o que supón unha alta taxa de rotación.

      03/08/2018.
      O TSX de Galicia anula a cláusula de produtividade en Médicos sen Fronteiras

      O TSX de Galicia anula a cláusula de produtividade en Médicos sen Fronteiras

      Desde CCOO, entendemos que tal e como fallou o tribunal, este tipo de cláusula de
      rendemento protagoniza unha situación de abuso por parte de MSF xa que foi unha
      cláusula aplicada unilateralmente, que non foi negociada e aplica un réxime sancionador
      que pode levar a cabo á extinción do contrato cando non alcanzas os obxectivos durante 3
      meses de forma consecutiva e durante 6 meses de forma non consecutiva.
      A día de hoxe é unha cláusula inalcanzable polo persoal (só alcánzaa o 11% no 2016) xa
      que conseguir un mínimo de 6 socios semanais e unha cota de financiamento de 115? é
      algo que non depende por se só dos traballadores e traballadoras é unha cuestión que
      depende da voluntariedade de terceiras persoas. Ademais en caso de non aplicar o
      despedimento disciplinario, MSF interpón amoestacións mensuais, mesmo cando se
      supera o número de socios, e quédasche a céntimos do obxectivo de financiamento.
      CCOO adherida no ano 2016 á demanda de conflito colectivo presentada pola CNT cualifica
      esta sentenza como un logro para as condicións laborais das captadoras e captadores de
      socios, e entende que se abre unha clara oportunidade de mellorar as condicións precarias
      que se dan no sector, xa que somos coñecedores de que as situación laboral noutras ONGs
      é moitísimo peor.
      Atopámonos ante un sector que precariza a vida da mocidade maiormente, nun sector moi
      feminizado e que precariza aos persoais de captación con cláusulas abusivas, xornadas de
      traballo interminables, sen protocolos de violencias e un longo etcétera. Por iso salientamos
      a necesidade de que a Asociación Española do Fundraising inicie unha revisión na
      contratación dos e as captadoras.
      Ademais queremos recalcar a importancia que teñen os traballadores e traballadoras de
      captación que desde os recortes en financiamento público ás ONGs, cobran especialmente
      importancia sendo o maioría dos casos a maior vía de financiamento para levar a cabo a
      axuda humanitaria, no caso de MSF o 99% dos fondos son privados e maiormente
      alcanzados polos seus captadores e captadoras.
      Por toda esta situación e sendo coñecedores de que MSF recorrerá ao Supremo esta
      sentenza, CCOO non entendemos que unha ONG que defende os DDHH esquézase do
      cumprimento dos dereitos laborais, por iso reclamamos unha vez máis unhas condicións
      dignas no sector e en MSF, que deixe de aplicar a cláusula ata que haxa unha sentenza do
      Supremo ou outras vías de medir o rendemento do persoal. Ademais no momento de
      ratificarse a nulidade da cláusula, esixiremos a readmisión das persoas despedidas baixo
      esa situación, xa que a ONG non deixa de cesar ao seu persoal dunha forma abusiva e
      ilegal, impedindo o mantemento do posto de traballo.