FSC-CCOO Galicia | 26 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Ratificado o preacordo de CCOO e UGT en Vitrasa

      A asemblea de traballadores e traballadoras de Vitrasa, concesionaria do servizo de autobuses urbanos do Concello Vigo, decidiu este martes ratificar con case o 60% dos votos emitidos o preacordo negociado por CCOO e UGT coa empresa para resolver as anomalías reivindicadas polos traballadores e traballadoras en mobilizacións covocadas polo Comité de Empresa

      10/10/2018.
      Ratificado o preacordo en Vitrasa

      Ratificado o preacordo en Vitrasa

      O preacuerdo contempla os seguintes puntos

      Horas extraordinarias: acórdase o seu abono o prezo actual, salvo que o traballador solicite de forma expresa a súa compensación en tempo de descanso

      Eventualidade: Compromiso de conversión en indefinido das persoas con antigüidade de 2015 e 2016. Converterase en 11 contratos en indefinidos nos próximos tres meses. Para o persoal con data a partir do 2017, e ata o remate do convenio, valórase o desempeño entre os traballadores e traballadoras en activo, e en caso de igual puntuación, optásese polo traballador con maior antigüidade.

      Plan de Igualdade: vacacións de 1 a 12 anos (ata o curso escolar en que cumpren os 12 anos, inclusive) os meses de goce serán xullo e agosto, salvo petición expresa doutras datas por parte do traballador ou traballadora en periodo de non lectivos do calendario escolar: (Nadal, Semana Santa, Entroido, etcétera).

      Revisión de liñas e horarios: Tempos de retirada. Compromiso da Gerencia de Operacións de revisión xeral e organización de tempos e descansos reais das liñas, proxecto sobre o que se leva traballando máis de medio ano

      Baños cabeceira: A Dirección comprométese a falar co responsable municipal para dar traslado da problemática ao obxecto de adoptar unha solución. Nas liñas que en cabeceira non dispoñen de cafeterías próximas, definiranse puntos próximos a cabeceira con cafeterías.